Zapping volve á radio (ou algo así)

¡Grande nova! Os seareiros do programa Zapping que puido escoitarse durante anos en RadioVoz volve ás ondas. Igual debería dicir que os responsables do programa televisivo Turkía de Localia...

Anuncio de Turkía Radio¡Grande nova! Os seareiros do programa Zapping que puido escoitarse durante anos en RadioVoz volve ás ondas. Igual debería dicir que os responsables do programa televisivo Turkía de Localia Coruña dan o salto á radio. Ou tamén podería anunciar que Tenka muda das ondas de Cuac FM a M80 Radio. ¡Aaaaaaaah! ¡Que xa está! ¡Que o venres volven! Todos atentos o vindeiro venres de 19:00 a 20:00 horas en M80 (97.6 da FM no contorno da Coruña) a Turkía Radio, o magazine coruñés dende outro punto de vista no que Txury Ferrer e Antón Lezcano volverán a facernos botar unha risas. ¡Xa tardaban! [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...