I Media Maratón Palas-Melide

A Agrupación Deportiva Cerne de Melide organiza o vindeiro sábado a primeira edición da Media Maratón Palas de Rei-Melide coñecida como Os 21 do Camiño, que vén de ser...

Presentación da Media Maratón

A Agrupación Deportiva Cerne de Melide organiza o vindeiro sábado a primeira edición da Media Maratón Palas de Rei-Melide coñecida como Os 21 do Camiño, que vén de ser presentada oficialmente e que promete ser todo un éxito se atendemos ao volume de inscricións que xa teñen.

cartel da media maratónA proba deportiva destaca por transcorrer por unha paisaxe atractiva que forma parte do Camiño de Santiago Francés, saíndo da praza de Palas de Rei ás 17:30 e chegando ao Pazo de Congresos de Melide (lugar previsto no caso de chuvia) Cantón de San Roque (onde instalaron unha carpa para amparar no caso de chuvia).

Os participantes recibirán agasallos, poderán optar a premios en metálico, gozarán de servizo de autobuses e garda-roupa e incluso de fisioterapeuta, o que non está nada mal para unha iniciativa novata que espera contar coa presenza de figuras como Pedro Nimo.

Agardemos que saia todo ben e que sexa só a primeira de moitas competicións deportivas na Terra de Melide e o seu contorno.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS