Lobezno Inmortal supera un baixo listón

Tras as tres películas da serie X-Men, cunha decepcionante terceira parte, chegou X-Men Orígenes: Lobezno, un filme que decepcionou bastante por parecer feito ás presas a nivel visual e...

Lobezno Inmortal

Tras as tres películas da serie X-Men, cunha decepcionante terceira parte, chegou X-Men Orígenes: Lobezno, un filme que decepcionou bastante por parecer feito ás presas a nivel visual e por contar unha historia dun xeito moi lixeiro, cometendo o grande erro de procurar ser outra entrega da Patrulla X ao meter dentro da cazola unha innecesaria masa de mutantes. Para volver ao pasado de Logan chegaba co que fixeran en X-Men 2, e esta última película parecía unha solución doada para continuar a chupar do teto dunha saga de éxito.

Lobezno vs ninjasPero tras o arrase da Marvel coas películas dos Vingadores e Iron Man, os mutantes querían volver á primeira liña, e para facelo quixeron comezar cun éxito seguro, unha nova entrega das aventuras de Lobezno, o personaxe estrela do Universo Marvel (é incrible a cantidade de coleccións de comics nas que aparece como personaxe convidado para mellorar as súas vendas), que consegue facilmente superar ao que pudiemos ver no último filme, achegando unha historia cun ritmo pausado, unhas escenas de acción espectaculares e unha ambientación super tópica na que recuperan sen profundizar unha das etapas da vida de Lobezno que máis xogo deu nos comics clásicos (servindo de xermolo á magnífica historia de Kitty Pryde e Lobezno no Xapón).

Os protagonistas de X-Men: Días del Futuro Pasado pasaron pola última edición da Comic-Con de San Diego

Os protagonistas de X-Men: Días del Futuro Pasado pasaron pola última edición da Comic-Con de San Diego

De Lobezno Inmortal podemos dicir que temos o que esperamos, especialmente se vimos o seu trailer (que case conta toda a historia), aínda que non son poucos os que critican os cameos de Famke Janssen facendo de Jean Grey nos soños/pesadelos de Logan ou os que din que o xeito de retratar o Xapón ten moi pouco que ver coa realidade, pero a min pareceume que non pretendían facer unha historia profunda, e conseguiron xusto o que querían: pouco máis de 2 horas de diversión que serven de anticipo para X-Men: Días del Futuro Pasado, que promete ser un dos grandes éxitos do ano que vén no que a cine friki se refire por mesturar aos personaxes da triloxía de X-Men cos da magnífica X-Men: Primera Generación.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS