Comics, frikis e famosos invaden Londres

Que nas convencións de comics e culturas relacionadas fagan vídeos coa xente que acode disfrazada é algo moi habitual, pero o da London Film & Comic Con foi xa...

Que nas convencións de comics e culturas relacionadas fagan vídeos coa xente que acode disfrazada é algo moi habitual, pero o da London Film & Comic Con foi xa a repanocha, xa que completaron a creación audiovisual de Sneaky Zebra con cameos de David Hasselhoff (El Coche Fantástico), Lena Headey (Dredd), Kristian Nairn (Juego de Tronos), Amanda Tapping (Stargate SG-1), Kristana Loken (Terminator 3), Eve Myles (Torchwood) e o mítico Danny Glover (Arma Letal) pondo peche a un divertido clip.

Para min tamén resultan moi rechamantes algúns disfraces, como os de Bitelchús e Axel Foley (personaxes que xa teñen moitos anos enriba), o Master Chief (polo chiste malo) e a adestradora do Wii Fit (por ser tan chorra como o anterior).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS