Hobby Con 2013 (e V): o cosplay

¿Que sería dun evento friki sen xente disfrazada? Ao igual que é habitual que no último día de cada ExpOtaku a xente entre gratis se vai de cosplay, en...

harley_quinn_P1140015

¿Que sería dun evento friki sen xente disfrazada? Ao igual que é habitual que no último día de cada ExpOtaku a xente entre gratis se vai de cosplay, en Hobby Con fixeron unha aposta diferente reservando tal oportunidade ao primeiro día, o que creou un ambiente inicial alucinante, e un bo rollo que contaxiou ao seguintes días.

Os disfraces de Star Wars non podían fallar na Hobby Con, aínda que foxe só porque a Tropa Korriban tiña unha exposición. Por desgraza, outros colectivos de seareiros de sagas como Star Trek, Firefly ou Doutor Who non son tan activos publicamente.

Un seareiro de Firefly facendo unha pregunta por Skype ao guionista de comics Greg Rucka

Un seareiro de Firefly facendo unha pregunta por Skype ao guionista de comics Greg Rucka

E xa que cito a Firefly, quedei moi gratamente sorprendido cando se me achegou un descoñecido decíndome que mirase a súa camiseta. Fixéime e ao recoñecer a nave Serenity quedei abraiado ao recoñecela, especialmente porque eu levaba posta unha camiseta de browncoat e normalmente a xente non pilla a referencia. Unha mágoa que a serie de televisión de Firefly non chegase a editarse nunca en España (especialmente porque a súa secuela cinematográfica, Serenity si que se editou aquí, o que non deixa de ser bastante absurdo).

harley_quinn_P1140016Pero a variade de disfraces ía moito máis aló de Star Wars, e podían ver a xente caracterizada de Link, de enfermeira de Silent Hill, de personaxes de Naruto, de Luigi, de Wonder Woman, de Riddler… aínda que a min fixéronme máis graza detalles como ver a unha moza vestida de Obélix (nunca tal cousa vira), que unha rapaza lembrase á Familia Addams ao vestirse de Mércores, que unha parella fose en plan Gantz e que un fulano tivese a idea de ir disfrazado dun dos titáns do manga de moda (Ataque a los Titanes), que a moitos lembrarlle máis á típica figura que viña co coleccionable do corpo humano.

Tamén paréceme xusto comentar que os dous días que fun pola Hobby Con había unha rapaza vestida de Harley Quinn dun xeito moi atractivo, que era unha demostración vivente de que o traxe orixinal de Harley (que vestía outra rapariga no evento) podía quedar ben nos debuxos animados, pero que no mundo real real vese bastante ridículo. Vaia, que os deseños que tivo o personaxe nos xogos da saga Batman Arkham foron moi atinados (deume a impresión de que a moza mesturou a estética de ambos xogos, coa maquillaxe de Arkham Asylum e a roupa de Arkham City).

En 2014, máis

Rematado este repaso da Hobby Con, só queda esperar a que se repita moitos anos máis co mesmo éxito, o que parece moi probable, pois a súa organización ten as cousas moi claras, e buscarán unha renovación de contidos constante para evitar que o público se aburra.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS