Hobby Con 2013 (II): conferencias moi conectadas

A xornada do vernes da Hobby Con foi moi especial, con grande presenza do vídeo en directo a través da Internet, grazas as actividades organizadas Wismichu e a xente...

wismichu_P1140215
A xornada do vernes da Hobby Con foi moi especial, con grande presenza do vídeo en directo a través da Internet, grazas as actividades organizadas Wismichu e a xente de Gato Salvaje.

Wismichu convocara aos seus seareiros no auditorio de PALEXCO para realizar un Chatroulette dos seus, o que prometía ser moi divertido, e realmente o foi, agás polo feito de que tivemos que agardar máis dunha hora a que comezase o conto por culpa de que os responsables das instalacións non eran capaces de facer funcionar o canón de vídeo.

Foi unha situación bastante patética, que xunto ao feito de que o ordenador empregado era un portátil-castaña con Windows XP (incapaz de incluso de correr ben algúns vídeos) fixo que o célebre youtuber coruñés e a súa tropa (que acudiron vestidos con sudadeiras dos Power Rangers) non puideran facer todo o que desexaban.

Iso si, nunha o logotipo de inicio de Windows XP foi tan aplaudido como cando a xente veu que por fin íamos ter sinal de vídeo.

Tras os problemas iniciais a cousa foi como a seda, con moitos momentos divertidos, numerosas persoas que se poñían como tolas ao recoñecer a Wismichu (preguntando sempre se «era un vídeo») e algún puteo bastante simpático. Entre outras cousas, non faltou o vídeo de sempre:

Tras moitos momentos desternillantes, a quedada rematou cunha fotografía de grupo para deixar clariño que había máis dun cento de asistentes, o que era difícil percibir no auditorio, que tiña un tamaño inmenso.

Gato Salvaje e Greg Rucka

Tras a actuación de Wismichu, Fernando Prieto do estudio coruñés de videoxogos Gato Salvaje contou a súa experiencia en Kickstarter co seu xogo AR-K, ante un auditorio con numerosos asistentes fuxidos do evento Mundos Dixitais, que tiña lugar ao outro lugar da rúa.

O irmán de Fernando, Sergio Prieto, colleulle o relevo para continuar a súa exposición no auditorio, onde tiñan planificada unha videoconferencia co guionista de comics Greg Rucka, permitindo que os asistentes puidésemos facerlle preguntas en vivo. Tras varias cuestións sobre as complexidades dos guións dos videoxogos e algunha das súas obras, quixen facer a cousa un pouco máis informal e pregunteille cantas veces nas conferencias de comics se lle achegaba alguén a perdille un debuxo, e botamos unhas risas coa súa resposta. O tópico parece cumprirse, e pídenlle debuxar practicamente sempre, o que en casos moi desesperados lévanlle a facer unha especie de auto-caricatura nun papel, o que demostrounos en vivo. Toda unha figura Rucka, que por desgraza tipo que achegarse a nós a través de Skype, cando tería estado moi ben que o convidasen a Viñetas desde o Atlántico (especialmente agora que colabora no guión dun videoxogos dunha compañía local).

Non sei como serían o resto de conferencias (incluso a voz de Son Goku estaba presente facer unha introdución ao mundo da dobraxe), pero supoño que irían bastante ben. Espero que poidan manter o nivel en futuras edicións.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS