4gotas.com está de pinga

Onte puiden asistir en Santiago de Compostela ao acto de inauguración da páxina web 4gotas.com, un proxecto desenvolvido por 4 expertos en oceanografía e meteoroloxía entre os que moitos...

4gotas

Onte puiden asistir en Santiago de Compostela ao acto de inauguración da páxina web 4gotas.com, un proxecto desenvolvido por 4 expertos en oceanografía e meteoroloxía entre os que moitos recoñecerán a Bea Hervella e Carlos F. Balseiro, por ser dúas das caras do Tempo da Televisión de Galicia ata hai pouco.

galleta

A evento comezou moi ben, coa entrega aos asistentes dunha nota de prensa e unha galleta especial para celebrar a estrea dun proxecto que pariuse tras 8 meses de duro traballo coa axuda de A Navalla Suíza.

estrea

O xornalista Alfonso Hermida (TVG) conduciu o encontro, no que dirixíronse aos asistentes o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o coordinador e desenvolvedor web de A Navalla Suíza, Berto Yáñez; e os responsables do proxecto, que aparte de Bea e Carlos eran os non menos valiosos Pablo Carracedo e Eduardo Penabad, que xuntos premeron uns botóns virtuais para arrincar a súa nova páxina web sobre o tempo e o mar.

torta

Tras o acto formal, puidemos compartir uns petiscos, charlando entre os asistentes entre os que non faltaban representantes do mundo da meteoroloxía e da televisión. Tamén houbo quen tivo o detalle de achegar unha torta para felicitar a estes emprendedores pola súa nova criatura.

cortando a torta

Pero, despois de toda esta festa, ¿de que vai isto de 4gotas.com? Pois podemos dicir que trátase dunha nova páxina web con información sobre o tempo que sabe complementar moi ben ao resto de información que podemos ver na televisión, no xornal, no móbil ou noutras páxinas web, demostrando que estamos ante unha materia sobre a que é posible colocar numerosos servizos e contidos.

Recomendo especialmente botar un ollos aos vídeos semanais de Bea Hervella, que resultan moi instrutivos e enriquecedores; ao blog colaborativo no que cada día publican un artigo sobre o mundo da meteoroloxía (de grande interese para ter que falar no ascensor); e moi especialmente a súa sección En 10 segundos, na que cunha ollada podemos saber o tempo para hoxe e mañá (¡xenial!).

4gotas na televisión

Para saber algo máis sobre este proxecto tamén podemos botar unha ollada á reportaxe que botaron por V Televisión:

Bo comezo

Durante a xornada de hoxe dende 4gotas atmosfera & océano, S.L. fixeron balance da estrea da súa nova web, e a cousa parece que comezou ben, superando os 200 usuarios rexistrados, sumando un seareiro en Twitter cada 5 minutos (superando o milleiro) e saltando a barreira do milleiro de gústame na súa páxina de Facebook.

Máis de 21.000 páxinas vistas no primeiro día de actividade de 4gotas demostra o interese que temos en Galicia por este tipo de información (o 75% das visitas eran de Galicia), e iso que o nacemento deste proxecto non apareceu en todos os grandes medios galegos, polo que ten moito mérito este forte arranque. Moita sorte aos 4 gatos que fixeron de 4gotas unha plataforma informativa de pinga.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS