Batman contra Masacre: ¿quen gañará?

Entre os afeccionados aos comics é moi habitual ter as ridículas discusións sobre quen gañaría nun combate, especialmente en casos nos que non podería darse o enfrontamento por pertencer...

Entre os afeccionados aos comics é moi habitual ter as ridículas discusións sobre quen gañaría nun combate, especialmente en casos nos que non podería darse o enfrontamento por pertencer un ao universo Marvel e outro ao universo DC, e precisamente nesta liña chega unha peza dirixida por Aaron Schoenke na que Batman (Bryan Morton) enfróntase a Masacre (Orion Acaba/Carlos Baca) para rescatar a Catwoman (Liz Katz).

Destacan na produción a calidade dos traxes empregados e as caracterizacións, chegando incluso a ser os personaxes bastante fieis ás súas versións en banda deseñada (si, Masacre está bastante mal da azotea), polo que o encontro é máis unha risa que unha comparación de forzas, á vez que demostra que Masacre podería ter a súa graza en forma de película ou serie de televisión. ¿Atreveranse algún día a facer tal?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS