Un xogo móbil para Verbas Van

No programa Verbas Van (TVG) de hoxe, ante a esixencia de Jorge Mira dun xogo móbil de Verbas Van o polifacético Paco Lodeiro tivo a ben citarme, o que...

No programa Verbas Van (TVG) de hoxe, ante a esixencia de Jorge Mira dun xogo móbil de Verbas Van o polifacético Paco Lodeiro tivo a ben citarme, o que fíxome moita ilusión:

E como Mira ofreceu a súa imaxe para facer de icona do xogo, velaquí unha imaxe de como podería quedar:

Verbas Van nun iPhone 5

Mentres tanto, recomendo xogar ao Apalabrados e ao Mezcladitos, que ambos contan xa con dicionario de galego. Ah, e Apalabrados xa dixo adeus ás letras estranxeiras, polo que xogar xa non é un inferno non ser complicadísimo colocar letras como o J, o W, o K e o Y (si, whisky é unha palabra admitida, pero facer esa palabra no taboleiro era unha lotería).
Para cubrir a parte dos números tamén hai xogos como Enumerados que teñen o seu aquel.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS