Wil Wheaton, Nathan Fillion e John Barrowman molan

O nome de Wil Wheaton, ese actor que interpretaba o papel de Wesley Crusher en Star Trek: The Next Generation, estaba bastante esquecido para case todos os frikis de...

Nathan Fillion conquistando á princesa Zelda

O nome de Wil Wheaton, ese actor que interpretaba o papel de Wesley Crusher en Star Trek: The Next Generation, estaba bastante esquecido para case todos os frikis de todo o mundo ata que se converteu no arquiinimigo de Sheldon Cooper en The Big Bang Theory, pero agora que o temos presente sabemos que na vida real é capaz de protagonizar escenas tan memorables como a da serie de televisión, como cando na Ottawa Comic Con achegouse ao photocall do actor Nathan Fillion para que o protagonista de Firefly e Castle sacase unha fotografía coa súa dona, e ocorréuselles facer unha escena moi graciosa, na que Fillion collía á esposa de Wheaton en brazos mentres el puña cara triste. Vaia, unha imaxe comparable a cando posou cunha parella que ían disfrazados de Link e Zelda, amosando un final do videoxogo un tanto distinto, no que o heroe non gaña o amor da princesa.

Wil Wheaton con ciumes de Nathan Fillion

Pero Wheaton non quixo deixar a cousa aí, e ao coincidir con John Barrowman (Doctor Who, Torchwood, Arrow) na Phoenix Comicon, comentaron a fotografía anterior, e pensaron en recreala ao revés, dando lugar a unha imaxe difícil de borrar da retina:

Wil Wheaton en brazos de John Barrowman

Con este tipo de caralladas o único que podo dicir é: Wheeeeeeeeeeaton!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS