ExpOtaku 2013 (II): o cosplay

Ao asistir o domingo, día no que as persoas disfrazadas entraban de balde a ExpOtaku, puiden ver o apoxeo da feira, con xente que non pestanexaba á hora de...

foto de familia de cosplayers

Ao asistir o domingo, día no que as persoas disfrazadas entraban de balde a ExpOtaku, puiden ver o apoxeo da feira, con xente que non pestanexaba á hora de pousar para sacar fotografías en grupo ou escenificando combates.


O cosplay era bastante diverso, con xeito que ía tanto de series de animación como de personaxes de videoxogos, de xeito que podiamos ver disfraces de Pokémon, Son Goku, Link, Zelda, Wario, Altaïr, Harry Potter, Dante… igual foi a miña impresión, pero dáme a impresión de que os videoxogos están a gañarlle a partida ao anime.


Iso si, fosen do que fosen disfrazados, todos facían o parvo ao escoitar o Gangnam Style de PSY.


De todos os xeitos, houbo algunhas persoas das que non logrei saber de que ían disfrazadas. Supoño que será de personaxes dalgún manga para mozas e personaxes dalgún Final Fantasy (que son mogollón), aínda que non desboto que algúns disfraces sexan totalmente random: perrucas de cores, roupa de cores rechamantes, pose fardona… ¡e a sentirse indignado cada vez que alguén non recoñece o disfraz! ¡O plan perfecto! [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS