Van reparar as fochas nas rúas de Melide

A páxina web do Concello de Melide deu onte conta dun investimento de 50.000 euros para paliar o problema das fochancas nas rúa das vila: Melide invirte máis de...

fochanca xunto ao GADIS

A páxina web do Concello de Melide deu onte conta dun investimento de 50.000 euros para paliar o problema das fochancas nas rúa das vila:

Melide invirte máis de 50.000 € en rebacheos en 45 rúas

O Concello de Melide ven de precisar un plan especial de mellora de vías e rúas tanto no casco urbano como nas parroquias. As rúas van ser adecentadas a través do plan especial elaborado polo Concello co fin de mellorar a rodadura viaria. O rebacheo xa está a ser efectuado por obreiros municipais no rural, mentres que hoxe luns, comezará no casco urbano, en concreto, na rúa Avenida da Habana.

A concelleria de obras ao fronte da cal está Rosa Cabado, ven de efectuar un plan de mellora de rúas e vías en todas as infraestructuras viarias de Melide, que comezará a executarse mañá luns 27 de maio.

Son un total de 45 rúas entre as cales están: Campo Grande, Almirante Brown, Polígono Industrial, Ronda de Pontevedra, Zaramil – CEIP nº 2, avenida Habana, Martagona, Alcalde Avelino Núñez Ulla, Boimorto, Marqués Mariano, Inocencio Fuciños Quintás, Alcalde Sabino Fuciños Buján, avenida de Compostela, Andrés Sampayo Sixto, Ricardo Fernández, Lino Sexto Sánchez, Eduardo Alvarez Carballido, Rúa Uruguay, Florentino Cuevillas, Taboada Roca, Vicente Risco, Vista Alegre, Rañadoiro, Pista Rañadoiro – Cazallas, Cazallas – Castro, Bocelo, Juan XXIII, Rúa ARzúa, Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Don Gaifeiros, Camiño Francés – Agueiros, Circunvalación Campo da Feira, Río Furelos, Folicheiro, Emilio Camps, Alcalde Antonio Ron Varela, ARmando Cortavello valedor, Mestre Nilo Cea Rodríguez, Alcalde Juan Mera, Eduardo M. Torner e Camiño Real.

Dende o goberno local dase conta con está acción da dureza meterolóxica do inverno que vimos de pasar que supuxo unha desmellora considerable das capas de rodadura de moitas vías de tránsito acusado no noso concello. De ahí a importancia do investimento en rebacheos para solventar gran parte destos problemas que se acusan tanto no casco urbano como no rural melidá. Dito plan de rebacheos tamén se complementará cunha desratización e limpeza de sumidoiros.

O organismo municipal aportará máis de 50.000 € de recursos propios mentres que a limpeza de beirarrúas, desratización e limpeza dos sumidoiros será asumida pola concesionaria local Celta Prix. Os veciños e veciñas da vila serán informados mediante notas informativas sobre o progreso de execución deste plan de rebacheo e mellora viaria para evitar os prexuizos que poidan surxir mentras se levan a cabo as tarefas de mellora das vías afectadas, debendo estos retirar vehículos ou demorar o acceso ás vivendas.

Dende o Concello de Melide subliñase que se trata un plan de acondicionamento mediante rebacheo das deficiencias de rodadura das diferentes vías do concello, sen prexuízo que un número delas esteñan incluídos nos diferentes plans da Deputación da Coruña para a mellora integral do firme.

Unha boa nova para os veciños de Melide, que verán unha mellora das rúas, para tranquilidade dos seus vehículos e que contribuirá a proxectar unha mellor imaxe da vila de cara ao verán.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS