20.000 euros para conservar a Rede Natura en Melide

Poucas son as ocasións nas que podo ver unha , polo que cando acontece non está de máis destacar información como a que segue: A Xunta destina 20.000 euros...

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reuniuse hoxe coa alcaldesa Ángeles Vázquez

Poucas son as ocasións nas que podo ver unha , polo que cando acontece non está de máis destacar información como a que segue:

A Xunta destina 20.000 euros ao concello de Melide para o desenvolvemento de actuacións de mellora e conservación na súa paisaxe

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, destinará 20.000 euros para a limpeza e restauración do camiño situado en Melide e Leboeiro, co obxecto de salvagardar o entorno natural. Así o trasladou hoxe o conselleiro Agustín Hernández, na reunión que mantivo coa alcaldesa de Melide, Mª Ángeles Vázquez.

O departamento dirixido por Agustín Hernández pretende coa concesión de esta axuda non só a recuperación do medio natural senón tamén o fomento da protección dos espazos galegos e a concienciación pola defensa e conservación da natureza e dos seus elementos.

Esta axuda se encontra dentro do orzamento de máis de 2 millóns que a Xunta de Galicia destinará a 121 concellos incluídos na Rede Natura.

Axudas da Rede Natura

As partidas que concederá o Goberno autonómico aos distintos concellos investiranse en tarefas de mellora da paisaxe, -entre as que se atopa a limpeza e restauración do camiño de Melide-, en manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e en recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

A Rede Natura é, ademais dun instrumento de conservación do medio natural, un referente de sustentabilidade que brinda a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, ao potenciar aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúen á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento do territorio galego.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS