Baile cinematográfico a ritmo de Daft Punk

A xente do Huffington Post no Reino Unido non se limita a publicar novas moldeadas para captar moito tráfico na Internet, senón que tamén crean algún contido orixinal e...

A xente do Huffington Post no Reino Unido non se limita a publicar novas moldeadas para captar moito tráfico na Internet, senón que tamén crean algún contido orixinal e divertido, como un vídeo no que colleron escenas de películas e series de televisión (e dunha actuación de Michael Jackson) para acompañar o tema Get Lucky do último álbum de Daft Punk, dando pé a unha peza realmente interesante.

O que me resultou máis rechamante foi o feito de poder situar case todas as secuencias do vídeo musical, o que supoño que é posible grazas a que cando había poucas canles de televisión tragabamos o que nos botaran. A min fixéronme especial graza os fragmentos de Pulp Fiction, The Rocky Horror Picture Show, Pulp Fiction, Levando Anclas, Aterriza como puedas e El Sentido de la Vida, aínda que supoño que cada un destacará filmes diferentes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS