Misión: Mapear as fochancas nas rúas de Melide

Hai pouco máis dun mes as páxinas de La Voz de Galicia recollían a indignación cidadá en Melide por mor das fochancas que invaden o casco urbano, o que...

cartel do PSdeG-PSOE melidense

Hai pouco máis dun mes as páxinas de La Voz de Galicia recollían a indignación cidadá en Melide por mor das fochancas que invaden o casco urbano, o que leva un tempo denunciando a agrupación local do PSdeG-PSOE, que agora insta aos veciños a localizar as fochas e fotografalas para facer un mapa das mesmas.

Aínda que pareza que estamos ante algo de ámbito local, a situación está a repetirse por toda Galicia, aparentemente pola falta de investimento no mantemento das rúas ante as dificultades económicas dos concellos (nos medios comentan que se reduciu á metade tal partida orzamentaria en Galicia). En Compostela, A Coruña ou Vigo pasa exactamente o mesmo, e como mostra podedes ver a galería das foxas de Vigo publicada por La Voz, que mete medo.

Entendo que dar conta tanto de fochancas como de calquera outro estrago urbano é positivo e axuda a solucionar este tipo de incidencia e, de feito, hai concellos que instan a facer tal, como o de Culleredo, que incluso conta cunha aplicación móbil dende a que poden denunciarse as incidencias ao momento. Espero que co tempo moitas outras vilas poidan ter tal nivel de proximidade e accesibilidade, e que así, o fenómeno das Smart Cities poida continuarse nas Smart Villages.

ACTUALIZACIÓN: Vexo que non só Culleredo deu o paso mencionado, senón que tamén fixo o mesmo toda a provincia de Lugo a través da Deputación.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS