Vaia Troula en Melide

Por se algún veciño perdeu o programa Vaia Troula deste domingo, recollín os momentos do programa nos que aparecía a 1ª Feira Gastronómica Pulpo no Camiño que tivo lugar...

Por se algún veciño perdeu o programa Vaia Troula deste domingo, recollín os momentos do programa nos que aparecía a 1ª Feira Gastronómica Pulpo no Camiño que tivo lugar o pasado venres. Un bo xeito de lembrar esta xornada festiva que por desgraza non contou cunha meteoroloxía moi favorable.

Agardemos que en futuras edicións a festa coincida cos raios de sol, aínda que está claro que será difícil poder captar máis atención mediática que desta volta, especialmente polo entusiasmo de Nieves Rodríguez, que soubo transmitir con enerxía o que estaba a vivirse en Melide.

ACTUALIZACIÓN: O programa pode verse íntegro no servizo de Á carta da TVG.

ACTUALIZACIÓN: Vaia Troula conseguiu unha cota de pantalla do 12,7%.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS