E o auténtico embaixador do melindre é… ¡Chicho!

Nos últimos anos teño dado conta no blogue do feito de que o noso chimpancé favorito, Chicho, saía con frecuencia na prensa e na televisión co gallo da Festa...

María Mera posando con Chicho

Nos últimos anos teño dado conta no blogue do feito de que o noso chimpancé favorito, Chicho, saía con frecuencia na prensa e na televisión co gallo da Festa do Melindre, e este ano parece que non foi menos, e veño de descubrir que a imaxe coa que ilustran a nova na páxina web de La Voz optaron por unha fotografía de María Mera posando con Chicho a petición dun servidor:

El buen tiempo animó a la participación en la Festa dos Melindres de Melide

Cinco de los ocho reposteros artesanos de los dulces vendieron sus productos en la praza do Convento

La Festa do Melindre, que obtuvo este año la calificación de interés turístico, congregó a miles de personas en la localidad de Melide. Cinco de los ocho reposteros artesanos expusieron y vendieron los tres dulces tradicionales (melindres, ricos y almendrados) en la praza do Convento, meintras los alrededores se reservaron para la repostería de veinte conventos de España. Después del pregón, a cargo de la actriz María Mera, se entregaron los diplomas e insignias a los nuevos embajadores de la Festa do Melindre, que fueron la propia actriz; Beatriz Mato, conselleira de Traballo; Nava Castro, Directora Xeral de Turismo; Belén do Campo, delegada de la Xunta en A Coruña; los gastronómos Berta Castro y Gorka Rodríguez; al deportista Óscar García, al gerente de Galciia Calidade, Alfonso Cabaleiro y a la Orquesta Sinfónica de Melide.

A Chicho tamén retratárono moi ben no blog Un paseo, una foto (no que tamén recollen moitas fotografías coidadas do pasado domingo):

Chicho no blog Un paseo, una foto

Temos así que, aínda que non recibira nin diploma nin insignia, Chicho converteuse nun embaixador do melindre de Melide de facto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS