Melindres, ricos e café para adozar a fin de semana en Melide

A vindeira fin de semana en Melide vai celebrarse a primeira edición do MelindresRicos & Coffee Tour nunha serie de establecementos da vila, facilitando aos veciños a que, por...

melindres_ricos_coffee_tour

A vindeira fin de semana en Melide vai celebrarse a primeira edición do MelindresRicos & Coffee Tour nunha serie de establecementos da vila, facilitando aos veciños a que, por 1,5 euros poidan gozar dunha experiencia de maridaxe entre a repostería artesá melidense e cafés moi especiais.

Quen realice o mellor combinado recibirá como premio o seu peso en quilos de café (teñen sorte de que eu non participe) e os establecementos que formarán parte desta orixinal xira que serve de anticipo á Festa do Melindre do segundo domingo de maio son os seguintes:

  • Cafeteria Estilo
  • Pizzería Xoldra
  • Hotel Carlos 96
  • Bodegón Alongos II
  • Cafe Bar Cire
  • Pousada Chiquitín
  • Restaurante Novo Continente
  • Cafe Bar O Cantón
  • Cafetería Trinidad
  • Cervexería A Fundacion

E que a ninguén se lle ocorra mollar os melindres no café, ¡que nos coñecemos! [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS