Remember When, unha homenaxe de 8 bits ás infancias dos anos 90

Os sábados pola noite a canle FOX emite un bloque de debuxos animados chamado ADHD (Animation Domination HD) que inclúe curtas e series orixinais, e dende o que veñen...

Os sábados pola noite a canle FOX emite un bloque de debuxos animados chamado ADHD (Animation Domination HD) que inclúe curtas e series orixinais, e dende o que veñen de publicar un vídeo musical con música chiptune da man de Peter Berkman (da formación Anamanaguchi) para render homenaxe aos que pasaron a súa infancia nos anos 90, para o que fan numerosas referencias nostálxicas que van dende as videoconsolas clásicas e as series de televisión da época ata o Tragabolas (que para min é máis dos anos 80 que dos 90, como algunha outra mención que fan no vídeo), todo cunha estética pixelada que converte a Remember When nunha peza que pide a berros ser compartida nas redes sociais.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS