PSY, o falcatrueiro vetado na televisión coreana

Non podía imaxinar que o Gentleman de PSY puidese conseguir tal impacto en tan pouco tempo, pois non está xa preto dos 150 millóns de reproducións en YouTube, senón...

dando unha patada a un cono

Non podía imaxinar que o Gentleman de PSY puidese conseguir tal impacto en tan pouco tempo, pois non está xa preto dos 150 millóns de reproducións en YouTube, senón que está a ser o centro da polémica en Corea do Sur, non pola súa calidade musical ou polo seu sexismo, como poderían pensar algúns, senón porque a cadea de televisión KBS vetou o vídeo debido a que ao comezo do mesmo pode verse a PSY dándolle unha patada a un cono de tráfico, o que considérase como destrución do mobiliario urbano, polo que a súa emisión podería entenderse como apoloxía do vandalismo.

peideando na biblioteca

A cousa non remata aí, senón que os políticos locais tamén están a criticar que haxa unha escena no vídeo gravada nunha biblioteca, pois cren que a xente podería verse incitada a visitar a biblioteca para fotografarse dentro bailando, molestando así á xente que acode ao lugar a ler e estudar. Vaia, que en Corea deben de ser moi manipulables, de xeito que se ven a alguén peidear na televisión non poden evitar imitalo en público. De todos os xeitos, se a xente fose así de parva eu creo que pagaría a pena, pois ter un incentivo para visitar unha biblioteca pode contribuír ao seu redescubrimento.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS