Isto non sucedería na Rede

Para anunciar unha promoción de subscrición de balde á súa edición dixital, a versión surafricana da revista Playboy ten en marcha unha divertida campaña publicitaria co lema de This...

Para anunciar unha promoción de subscrición de balde á súa edición dixital, a versión surafricana da revista Playboy ten en marcha unha divertida campaña publicitaria co lema de This Wouldn’t Happen Online, no que amosan un dos problemas da edición impresa da súa revista.

Anuncio de Playboy Suráfrica
Resulta rechamante que unha publicación de papel promocione dun xeito tan agresivo o que non deixa de ser unha versión en PDF dos seus exemplares (que é claramente un suplicio de ler nun smartphone), no que parece que é dispararse nun pé, pero ao facelo con sentido do humor gañan de sobra o meu aplauso.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS