Compostweets celebra a súa terceira edición o vindeiro venres

Tras a reformulación do Compostweets na súa segunda edición, este venres o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia volverá a acoller o Encontro Anual do Social Media de Galicia,...

Tras a reformulación do Compostweets na súa segunda edición, este venres o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia volverá a acoller o Encontro Anual do Social Media de Galicia, que unha vez máis muda de formato, para concentrar a súa actividade na tarde.

O encontro será de asistencia gratuíta ata completar aforo, botando a andar ás 16:15 horas e contando como principal reclamo a Rodolfo Carpintier, un referente dos negocios na Internet española, que participou en proxectos como Tuenti e BuyVip, e que faralá sobre as vantaxes da Internet para emprender.

Tamén presentaranse 6 proxectos innovadores qe ocmpetirán por un curso de formación; e Rubén Bastón, un dos culpables de que nacese o Compostweets, impartirá un relatorio sobre marketing dixital.

Aínda que o encontro poderá seguirse mediante streaming, recomendo aos interesados no sector das redes sociais que acudan en persoa, pois unha das cousas máis destacables deste tipo de eventos é o contacto con outros profesionais, o que pode servir tanto para afianzar relacións como para coñecer proxectos e persoas afíns.

Velaquí algunhas imaxes da pasada edición:

Durante a fin de semana espero poder publicar algunhas imaxes do encontro deste ano, que aínda que máis podesto que noutras ocasións, seguirá a contar cos entusiastas participantes de costume, que xa somos uns incondicionais deste tipo de sarao, e que posiblemente non volveremos a coincidir ata a celebración do MexilOnseTuits en Bueu.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS