Bad Motherfucker de Biting Elbows

Conseguir que un vídeo musical sexa rechamante e acade viralidade na Rede é moi complicado, especialmente despois de precedentes como Call Me Maybe e Gangnam Style, que puxeron o...

Conseguir que un vídeo musical sexa rechamante e acade viralidade na Rede é moi complicado, especialmente despois de precedentes como Call Me Maybe e Gangnam Style, que puxeron o listón moi alto, pero o grupo ruso Biting Elbows atopou unha fórmula que, pese a ser arriscada, pode funcionar, pois fixo un vídeo que claramente non é para todos os públicos como plataforma para acadar un grande impacto na Rede.

No videoclip de Bad Motherfucker podemos ver unha secuencia que podería lembrarnos ás películas de Crank mesturadas co videoxogos Call of Duty: Black Ops 2, con grandes doses de violencia, aínda que sorprendentemente o vídeo foi bloqueado temporalmente en YouTube pola presenza de espidos (¿Mande? Os censores deberían facerse mirar a cabeciña.) estando xa de volta para conseguir centos de milleiros de reproducións en poucas horas, no que parece que vai ser un grande éxito. ¿Conseguirá trunfar en YouTube un vídeo non recomendado para menores?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS