Apalabrados xa permite que crucemos palabras en galego

Esta semana está a rematar cunha importante nova para a nosa lingua, pois o venres pola tarde actualizouse en iOS e Android o xogo Apalabrados, incorporando a posibilidade de...

Esta semana está a rematar cunha importante nova para a nosa lingua, pois o venres pola tarde actualizouse en iOS e Android o xogo Apalabrados, incorporando a posibilidade de xogar en galego, o que é una boa contribución á socialización do idioma a través do lecer, o que está a ter unha cobertura mediática bastante ampla.

A CRTVG é unha das compañías que máis ten falado da incorporación do galego a Apalabrados, pois a Radio Galega xogou un papel importante no proceso, e esta semana puidemos ver como na sección de Novas Tecnoloxías do Bos Días abordaron o tema:

Parte do vídeo anterior tamén saíu no Telexornal Mediodía, polo que a difusión da nova está a ser bastante boa.

Tamén abordaron o tema en profundidade dende Praza Pública, mentres que xornais como La Voz de Galicia limítanse a pezas bastante breves:

LA «APP» DE MODA

«Apalabrados» ya tiene versión en gallego

Miles de personas de todo el mundo se despiertan en mitad de la noche con una palabra en mente que puede llegar a valer decenas de puntos. Son los adictos a Apalabrados, una aplicación para smartphone que triunfa como ninguna. Los fans de este scrabble 2.0 están de enhorabuena. Si todo va según lo previsto, estos días podrán comenzar a jugar… en gallego.
Los artífices de la traducción de la aplicación son Isaac González y Pablo Gamallo, ambos miembros de la empresa surgida de la USC Cilenis, que recogió el encargo de la compañía desarrolladora de la aplicación, Etermax, que tenía interés en ampliar los idiomas disponibles. La traducción se completó en el tiempo récord de apenas un mes puesto que su ámbito de actuación es, precisamente, la ingeniería lingüística.

Distinto foi o enfoque doutro medio do grupo, RadioVoz, que contou coa presenza de Isaac González, de Cilenis, no programa Voces de Galicia de Isidoro Valerio, para explicar con bastante detalle o seu papel na galeguización de Apalabrados:

Dende Código Cero tamén falamos con Isaac, recollendo parte da conversa en vídeo:

Vendo todo isto teño que admitir que sinto certa satisfacción, non só por ter posto en contacto á xente de Cilenis cos de Etermax para facilitar a incorporación do galego a un dos xogos de máis éxito na actualidade, senón polo feito de poder gozar do Apalabrados en galego. Enriquecer o vocabulario xogando é moi de agradecer, e poder potenciar a nosa imaxe de comunidade a través das TIC tamén é moi positivo, aínda que non deixa de ser curioso que unha empresa de Arxentina poña tantas facilidades á nosa lingua, cando outras empresas de moito máis preto pasan moitas veces de nós. Esperemos que cunda o bo exemplo.

A Isaac González temos que agradecer poder xogar ao Apalabrados en galego

Nas vindeiras semanas a aplicación vai mellorarse, eliminando as letras que son alleas á nosa lingua (e, aínda que existen en estranxeirismos, causan moitos problemas nas partidas), actualizando o resto de versións do xogo (Facebook, BlackBerry 10 e Windows Phone), e agardo que en breve tamén incorporen o galego ao sucesor de Apalabrados, Mezcladitos.

Mentres tanto, hai que procurar promover o uso do galego no xogo, para manter viva a nosa lingua e incluso para ter certa garantía de que, polo momento, os xogadores non fan trampa, posto que as máis de 420.000 palabras en galego que figuran no xogo non están incluídas nas aplicacións que circulan por aí para buscar as palabras máis longas coas nosas letras de xeito automático.

ACTUALIZACIÓN (18-3-2013): Vexo que na edición local de La Voz en Santiago dedicaron máis atención á galeguización de Apalabrados (pasáraseme porque publicárono antes do lanzamento da actualización do xogo):

La USC traduce a gallego el juego «Apalabrados»

Docenas de personas se despiertan en mitad de la noche con una palabra en mente que puede llegar a valer decenas de puntos. Son los adictos a Apalabrados, una aplicación para smartphone que triunfa como ninguna. Los fans a este scrabble 2.0 están de enhorabuena. Si todo va según lo previsto, hoy mismo podrán comenzar a jugar… en gallego.
Los artífices de la traducción de la aplicación son Isaac González y Pablo Gamallo, ambos miembros de la empresa surgida de la USC Cilenis, que recogió el encargo realizado por la propia compañía desarrolladora de la aplicación, Etermax, que tenía interés en ampliar los idiomas disponibles. La misión, según explica Isaac González, fue dirigida primero a la Real Academia Galega, que finalmente no la realizó, así que mediante un intermediario, Cilenis se hizo cargo de la traducción, que se completó en el tiempo récord de apenas un mes gracias a que ya contaban con las herramientas
necesarias para completar la tarea, como conjugadores y diccionarios, puesto que su ámbito de actuación es, precisamente, la ingeniería lingüística.
¿Y los puntos? Por supuesto, han cambiado con respecto a versiones en otros idiomas, porque no es lo mismo, por ejemplo, conseguir una palabra con equis en la lengua de Cervantes que en la de Rosalía. Cilenis, una de las pocas empresas que se dedican a este sector, ha diseñado el algoritmo que ha calculado la nueva puntuación.

No programa Banda Ancha da Radio Galega tamén falamos con Isaac González o pasado sábado:

ACTUALIZACIÓN (19-3-2013): Isaac González (Cilenis) visitou tamén o programa A Tarde, para dar conta do Apalabrados en galego, e desvelando que nos 3 primeiros días xogáronse unhas 5.000 partidas e formáronse unhas 60.000 palabras en galego no Apalabrados:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...