Lance Armstrong canta o <em>Creep</em> de Radiohead

A entrevista que Oprah fixo a Lance Armstrong está a ser fonte de inspiración na Rede para bastantes coñas, e unha das que me pareceu máis currada foi a...

A entrevista que Oprah fixo a Lance Armstrong está a ser fonte de inspiración na Rede para bastantes coñas, e unha das que me pareceu máis currada foi a mestura de momentos do vídeo para facer que Armstrong cante o tema Creep de Radiohead. ¡Unha currada!

Polo que tamén estou bastante abraiado é polo vídeo que fixen meténdolle ao audio doas populares declaracións de José Tojeiro á entrevista, pois foi todo o contrario ao que eu agardaba: en vez de ter moitas visitas os 2 ou 3 primeiros días (cando estaba de actualidade o asunto) pasou desapercibido, e tras saír nun

par de foros que descoñecía totalmente, disparouse o volume de reproducións ata superar as 25.000 en pouco máis dunha semana (actualmente ten unhas 7.000 reproducións ao día, e o 35,8% das mesmas chegan vía móbil). Bastante se temos en conta que é un humor moi local.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS