Censura gráfica innecesaria: hai unha aplicación para iso

Hai anos botei unhas risas coa demostración práctica de que a censura innecesaria pode levar a engano a través dun vídeo do programa de Jimmy Kimmel no que meten...

Hai anos botei unhas risas coa demostración práctica de que a censura innecesaria pode levar a engano a través dun vídeo do programa de Jimmy Kimmel no que meten pitidos e pixelados a fragmentos de Bárrio Sésamo:

E agora unha aplicación para iPhone confírmame que pode aplicarse ao día a día. Trátase de Nüdifier, ou sexa, despelotador, que consiste en tomar unha imaxe (da nosa galería ou a través da cámara do móbil), elixir o cor de carne que máis se axuste, seleccionar a parte que queremos que apareza censurada e ¡a botar unhas risotadas co que poden dar a entender as distintas situacións que recollamos graficamente!

Coido que a aplicación (que polo momento é de balde) vai servir para gastar máis dunha broma. Unha mágoa que non estea dispoñible para Android.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS