Chega Windows Phone 8

Xa está, xa chegou, e o Windows Phone 8 que xa aterroooou… o Windows Phone 8, oito, oito… Si, esta tarde foi o , e chegou con moitas e...

Xa está, xa chegou, e o Windows Phone 8 que xa aterroooou… o Windows Phone 8, oito, oito… Si, esta tarde foi o , e chegou con moitas e agradables sorpresas, como a actriz Jessica Alba, que parece ser a embaixadora dos móbiles promovidos por Microsoft, xa que non só serviu de exemplo dunha funcionalidade (moi de agradecer) que permite configurar o móbil para emprestarllo aos cativos sen que a información do usuario habitual perigue (nin tuiteen as súas puntuacións nalgún xogo deixando quedar mal aos seus proxenitores), senón que tamén comentou que viña de usar iPhone, e que o salto a Windows Phone 8 foi sen problemas (incluso puido trasladar as súas cancións de iTunes).

Windows Phone 8 tamén vai permitir que as aplicacións que decidamos amosen información na pantalla de desbloqueo do móbil (o exemplo que puxeron foi a posibilidade de presentar imaxes da nosa galería fotográfica de Facebook), recibirá comunicacións por Skype sen ter a aplicación cargada en segundo plano chuchando batería, permitirá crear unha especie de redes sociais privadas para compartir información con amigos e familiares, integra unha ferramenta para controlar e reducir o consumo de datos móbiles (Data Sense), copiará as fotografías que tomemos a SkyDrive deixándonos o control sobre as mesmas (sen as limitacións de servizos como iCloud) e incluso presume da súa boa integración coa Xbox 360 e os ordenadores e tablets con Windows 8.

Vaia, que Windows Phone vai ser a plataforma móbil que mellor case co PC, chegando tamén con terminais moi atractivos como o Nokia Lumia 920 e a súa cámara sen igual, o Samsung ATIV S (delgado e lixeiro pese a ter un pantallón de 4,8 polgadas) ou os HTC Windows Phone 8X e 8S, aos que se sumarán moitos móbiles nos vindeiros meses.

Tras o Nadal poderemos saber se esta aposta de Microsoft foi atinada, pero a min continúa a parecerme ilusionante por seres innovadora. Ninguén pode denunciar a Windows Phone 8 de copiar a outros (boa parte dos seus conceptos veñen de Zune e Xbox 360), pero a reacción do público ante o novo non sempre é boa.

Para saber o diferente que é a proposta de Windows Phone 8 fronte a iOS ou Android recomendo ver o seguinte vídeo de Joe Belfiore:

Por se hai algunha dúbida, a min convencéronme.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...