Twitter, Instagram e o iPhone 4: combinación para pór verraco

Na web podemos ver espazos especializados no mundo do rexoubeo que atoparon un grande filón nas redes sociais, moi concretamente en Instagram e Twitter, plataformas moi empregadas por famosos...

Na web podemos ver espazos especializados no mundo do rexoubeo que atoparon un grande filón nas redes sociais, moi concretamente en Instagram e Twitter, plataformas moi empregadas por famosos (principalmente de segunda fila) que publican non só información sobre a súa vida, senón tamén moitas fotografías que deberían deixar na súa intimidade, de xeito que actualmente case todas as semanas poden recompilar imaxes achegadas por tal vía que noutros tempos terían provocado escándalos e que hoxe xa pasan desapercibidas.

Entendo que certas celebridades como Kim Kardashian ou Adrianne Curry empreguen tal práctica para dar a nota e manterse no candelabro, pero outros casos non entendo nadiña. Cando un tío ten un iPhone na man pensa nas aplicacións e usos do móbil ,mentres que certas tías parecen ver o teléfono como unha cámara fotográfica para usar fronte ao espello do cuarto de baño, e así poder compartir o seu corpo co mundo. Non me sorprende así que algún amigo que teño con fillas estea tan preocupado polo uso que fan da Internet. ¡Como para non telo!

Agora, cada vez que vexa a unha moza de bo ver cun iPhone 4/4S (móbil que é o que máis aparece nas imaxes que atopei hai un anaco) terei que conterme para non berrarlle «¡exhibicionista!» (e de facer chistes frutais co móbil da mazá e tías en peras mellor nin falo). [icon icon=”0034.png”][/icon]

Para acabar de liala, parece que os de Samsung tamén queren promover certos usos dos seus smartphones:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS