Nokia Lumia 510: ¿o teléfono para o pais?

Nokia vén de incorporar ao seu catálogo de móbiles o Lumia 510, que pretende ser o smartphone da familia Lumia máis económico (o seu prezo libre será duns 199...

Nokia vén de incorporar ao seu catálogo de móbiles o Lumia 510, que pretende ser o smartphone da familia Lumia máis económico (o seu prezo libre será duns 199 dólares), e aínda que non dista moito do Nokia Lumia 610 (que pode atoparse a un prezo semellante na Rede) ou incluso do Nokia Lumia 710 (tamén moi barato neste momento), hai un factor no que destaca fronte aos anteriores: unha pantalla de 4 polgadas. Por iso, penso que podemos estar ante un smartphone básico que pode ter moi boa aceptación entre a xente maior (non tan conectada como a moza) que agradecerá o tamaño de pantalla nun terminal móbil que pode chegar a saír de balde con moitas compañías (e que tamén ten un prezo o suficientemente axustado como para que poida adquirirse libre).

Estamos ante un móbil que hoxe funciona con Windows Phone 7.5 e que actualizarase a Windows Phone 7.8, quedando fóra do Windows Phone 8, pero iso non debería de ser un problema para o tipo de usuarios dos que falo (persoas que usan o móbil para falar ou mandar mensaxes, e que tamén gustan de ver fotografías no seu dispositivo). A principal eiva deste móbil é que ten só 256 Mb de RAM, polo que non é capaz de tirar proveito de todas as funcionalidades do Windows Phone 7.x (ollo ao piollo).

Considero que os terminais con Windows Phone poden ser unha boa opción para os usuarios que non están afeitos aos smartphones (admitamos que Android é algo complicado), e se veñen cunha pantalla grande, aínda mellor.

Para saír de dúbidas, velaquí o vídeo de presentación do novo móbil:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...