As eleccións galegas, tamén no móbil

De cara ao seguimento da xornada electoral do domingo quixera recomendar aos usuarios de iPhone e iPod Touch que instalarán a aplicación Eleccións GALICIA desenvolvida por Bahía Software e...

De cara ao seguimento da xornada electoral do domingo quixera recomendar aos usuarios de iPhone e iPod Touch que instalarán a aplicación Eleccións GALICIA desenvolvida por Bahía Software e El Correo Gallego, que permite consultar os datos dos comicios de 2005 e 2009, así como o seguimento do escrutinio da consulta actual.

Esta ferramenta permite tanto ver os resultados xerais como consultar a información vila a vila, o que resulta moi práctico na noite electoral, xa que é máis áxil premer o botón de actualizar o resultado da nosa vila que agardar a que apareza o seu nome na banda inferior dos especiais informativos que boten polas televisións.

Para quen non teña un dispositivo móbil de Apple, tamén é posible realizar a consulta do escrutinio directamente dende unha páxina web da Xunta de Galicia na que ofrece a información actualizada en tempo real, á vez que tamén é de agardar que a práctica totalidade dos medios de comunicación xeralistas desenvolvan especiais durante a noite do domingo para ter aos seus lectores informados ao minuto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...