Boas noites aos trebellos tecnolóxicos

Grazas ao anuncio do lanzamento do libro Siri & Me: A Modern Love Story souben doutra obra do seu autor, David Milgrim, que publicou o ano pasado baixo o...

Grazas ao anuncio do lanzamento do libro Siri & Me: A Modern Love Story souben doutra obra do seu autor, David Milgrim, que publicou o ano pasado baixo o pseudónimo Ann Droyd (alcume que parece posto por Gomaespuma), e que conseguiu vender máis de 120.000 copias. O libro Goodnight iPad é unha parodia dun clásico de 1947, Goodnight Moon, actualizándoo ao mundo de hoxe, cunha chea de trebellos electrónicos no fogar, e cunha chea de frases xeniais como “there were 3 little NOOKs with 10.000 books” ou “BlackBerry ringing with Eminem Singing”, como podedes ver no seu vídeo promocional:

Agora que o penso, ata nótase que o libro é do ano pasado, porque as BlackBerry agora xa non están ben vistas. De todos os xeitos, parece un libro entrañable a ter en conta. Ata estou a pensar en mercalo en papel.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...