A Comic-Con de New York e os seus xeniais disfraces

A pasada fin de semana en New York tivo lugar unha Comic-Con que, aínda que non ten a sona da de San Diego, conseguiu xuntar a moitos frikis do...

A pasada fin de semana en New York tivo lugar unha Comic-Con que, aínda que non ten a sona da de San Diego, conseguiu xuntar a moitos frikis do mundo do cómic e outras industrias como o cine e a televisión coa que establecéronse fortes vencellos nos últimos anos, e como mostra diso, no Javits Center xuntáronse centos de persoas disfrazadas, entre as que había tanto caracterizacións patéticas como moi logradas, destacando algunhas pola súa xenialidade ou por ser, simplemente, demasiado frikis.

Convídovos a visitar a recompilación de fotografías de cosplay que publican en Collider, para que elixades a que vos resulta máis divertida ou orixinal, que no meu caso admito que o que captou máis a miña atención foi o tío que ía disfrazado do Capitán Planeta (a moza que vai de Cheetara tampouco está nada mal, en ambos sentidos) que como ben sabedes “é un heroe, a contaminación é o que lle doe”.

En plan realista é impresionante o fulano que vai dun dos Enxeñeiros de Prometheus; tamén son bastante resultóns os disfraces de Emma Frost e Marty McFly; pareceume divertido o fulano que vai de Zangief; a maquillaxe da parella que vai de Morfeo e Morte é brutal; e sorprendeume moito ver a unha rapariga vestida como Nightwing (¿mande?) e a outra cun disfrace de Spider-Girl que non lembro ter visto en ningún cómic (¿inventado?). ¿Destacariades vós ou algún outro disfrace dos que puideron verse no evento?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS