Comeza a Festa do Cine

Ata o domingo bota a andar a primeira fase da Festa do Cine, campaña que busca potenciar a asistencia ás salas cinematográficas españolas que premiará aos que vaian esta...

Ata o domingo bota a andar a primeira fase da Festa do Cine, campaña que busca potenciar a asistencia ás salas cinematográficas españolas que premiará aos que vaian esta semana a ver unha película cunha acreditación que permitirá facerse cunha entrada entre os días 22 e 24 de outubro por só 2 euros, o que podería aproveitarse para ver películas como Frankenweenie, Lo imposible, Resident Evil: Venganza ou Looper en practicamente todas as salas de Galicia (non só se acolleron á promoción os cines das cidades, senón tamén os de Riveira, Monforte, Lalín e Vilagarcía).
Cos prezos que ten actualmente ir ao cine, todas as promocións que poidan lanzar (2 día de espectador á semana, descontos coa tarxeta de socio, prezos familiares, sorteos…) serán benvidas polos espectadores, pois non ten moito sentido que ver unha película custe máis que mercala en Blu-ray, especialmente co que cobran polos flocos de millo, os refrescos e as larpeiradas. E que non me falen de crise, que cando programas películas interesantes están petados (se teñen que apertar a alguén, que aperten aos estudos cinematográficos, e non aos que pasamos polo despacho de entradas a soltar a pita).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS