Adíase a reapertura da piscina municipal de Melide

Nas últimas semanas polas rúas de Melide podía verse un cartel da agrupación local do BNG no que daban conta de que o piscina municipal non abriría as súas...

Cartel do BNGNas últimas semanas polas rúas de Melide podía verse un cartel da agrupación local do BNG no que daban conta de que o piscina municipal non abriría as súas portas antes do mes de novembro, e hai un par de semanas o Concello ratificou o seguinte:

O Concello de Melide aprobou en Xunta de Goberno local un orzamento de 151.700,00 € para o arranxo integral da Piscina Municipal.

O arranxo vai ser financiado integramente pola Deputación da Coruña. Dende o Concello de Melide axilizarase o máximo posible dos trámites administrativos co fin de proceder á contratación urxente e que os melidenses dispoñan no menor prazo posible dunhas instalacións en adecuadas condicións. Este punto de inflexión é debido a situación que o actual goberno melidá herdou do bipartito cunha piscina climatizada con serias deficiencias para a saúde dado o abandono manifesto por parte da empresa concesionaria.

O goberno de Melide aprobou en Xunta de Goberno Local o pasado xoves o orzamento para o arranxo da piscina municipal climatizada nun montante total de 151.700,00 €. Co fin de que as persoas usuarias podan seguir coa práctica do deporte o goberno municipal adecuará salas do Pavillón Polideportivo coas máquinas do ximnasio e outras para a execución de actividades, salas que serán de uso totalmente gratuíto para os socios/as da piscina.

O goberno municipal axilizará o posible á tramitación da documentación para reducir o proceso de execución. O proxecto versará sobre o arranxo e reposición da carpintaría tanto nas zonas dos baños e vestiarios como no ximnasio. No vaso da piscina levárase a cabo a substitución dos condutos do sistema de climatización que arranxarán definitivamente os problemas de temperatura existentes na instalación ademais de controlar o nivel de humidade na zona de baño. Todo isto complementárase coa instalación dun acumulador de inercia que servirá para estabilizar o control de temperatura do vaso e do sistema de auga quente, o que incrementará ademais unha maior eficiencia enerxética da infraestrutura.

O goberno local agarda xestionar coa maior brevidade posible a mellora das instalacións que ate do momento non estaban nas condicións salubres adecuadas para o baño e a práctica do deporte segundo a normativa vixente, causa pola cal este goberno se veu obrigado a tomar a determinación de pechar a piscina co fin de abrir a instalación en óptimas condicións para o desfrute de todos os veciños e veciñas de Melide usuarios da mesma.

Sen apuntar datas, hoxe podemos ver nas páxinas de La Voz de Galicia que a cousa é peor do que parecía, e aseguran que as instalacións deportivas non poderán estar dispoñibles para o público ata o ano que vén:

La reapertura de la piscina de Melide no será posible hasta el próximo año

La reapertura de la piscina climatizada de Melide, cerrada a causa de una serie de deficiencias que impiden el correcto funcionamiento de las instalaciones, va para rato. La financiación del proyecto elaborado para subsanar los problemas que presenta el recinto -155.000 euros- está sujeta a un programa de la Diputación de A Coruña, que marcará el inicio de una serie de plazos que podrían dilatar la reapertura hasta los primeros meses del próximo año.
La próxima semana, el gobierno melidense, del PP, someterá a aprobación plenaria el proyecto, al que posteriormente deberá dar el visto bueno el pleno del ente provincial, que no resolverá ese trámite hasta pasado el 30 de septiembre, al ser esa la fecha establecida por la Diputación para recibir los proyectos que se financiarán con cargo al programa del que se obtendrán los fondos para el arreglo de la piscina. Recibido el visto bueno del organismo provincial, corresponderá al Concello iniciar los trámites administrativos que preceden a la contratación de toda obra, lo que, al margen del procedimiento por el que se opte para adjudicar la actuación, obligará a cumplir unos plazos legales que retrasarán meses el inicio de los trabajos.
Consciente de que será la Diputación el organismo que marque los tiempos para abrir el expediente y de las condiciones impuestas por la burocracia administrativa, la alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, no se aventura a avanzar una fecha aproximada para la reapertura del recinto deportivo, aunque sí expresa su intención de resolver los trámites para adjudicar la obra con la mayor celeridad posible. Con todo, y aun sin retrasos en la tramitación, la reapertura de la piscina no será viable este año ya que el proyecto de mejora de las instalaciones tiene un plazo de ejecución de tres meses.

O único que podo entender de todo iso é que a piscina está gafada, e aínda que discutir sobre prazos non parece servir de moito, non estaría de máis que se concretarse a data de reapertura (o que supoño que non será doado de facer, por depender de terceiros) para que os usuarios que acoden a outras instalacións poidan planificar a súa vida.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS