¿Poden os cans ver a televisión? ¿E en 3D?

Os tolos de LG atoparon un xeito moi divertido de amosar os seus televisores con LG Cinema 3D empregando cans: O vídeo resultoume simpático, pero teño a impresión de...

Cadelo con lentes 3D
Os tolos de LG atoparon un xeito moi divertido de amosar os seus televisores con LG Cinema 3D empregando cans:

O vídeo resultoume simpático, pero teño a impresión de que estamos ante casos de cans adestrados, por varios motivos:
– os cans teñen problemas para interpretar as imaxes dos televisores debido a que a animación non é real (son imaxes consecutivos con certo pestanexo) aínda que hai quen di que con pantallas cunha taxa de refresco moi elevada algunhas razas de can saben ver a imaxe en pantalla
– dubido que un animal poida distinguir a outro nunha pantalla se non aparece a un tamaño real, pois non teñen a capacidade de abstración das persoas (que estamos educadas para entender ese tipo de fiestras)
– os cans están a ver o televisor dende un ángulo moi baixo (o que coa tecnoloxía de LG xera ghosting polo que moi ben non deberían de ver)
– tamén resulta difícil de crer que nun escenario cheo de xente mirando, en 3D de verdade, os cans do vídeo dirixan a mirada a unha pantalla
can mirando para un televisor
Entendo que os cans están adestrados para reaccionar dese xeito pero, ¿acaso importa? O vídeo é gracioso, e punto. Quería aproveitalo para preguntar: ¿o voso can reacciona ao que botan na tele? Está claro que si o fai cos sons (se escoitan a outro can laiando ou ouveando en vídeo) pero, ¿simplemente á imaxe? Ah, e ¿víchedes algún can enganchado aos Simpson, a Shin Chan ou a Scooby Doo? 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...