Edilberto Alonso dedica unha canción ao fillo de Ortega Cano (Andrea Alonso songwriting debut)

¿Lembrades a Edilberto Alonso? Si, ese cantautor natural de Curtis que acadara certa sona na Internet galega tras dedicarlle unha canción a unha declaracións de Anxo Quintana, e que...

Edilberto Alonso
¿Lembrades a Edilberto Alonso? Si, ese cantautor natural de Curtis que acadara certa sona na Internet galega tras dedicarlle unha canción a unha declaracións de Anxo Quintana, e que despois narrou outros momentos da actualidade (como un macrobotellón convocado en Compostela) e repasou a outras figuras públicas como a galega de Cancún e a actriz Penélope Cruz.
O fillo de Ortega Cano visitará esta noite o plató de Sálvame DeluxePois agora volve nesta última liña cun tema dedicado a José Fernando Ortega Mohedano, fillo de Rocío Jurado e Ortega Cano, con quen Edilberto considera que Rosa Benito non foi moi xusta no programa Sálvame Diario de Telecinco realizar certos comentarios sobre a infancia do rapaz.
Casualmente esta noite en Sálvame Deluxe o fillo de Ortega Cano vai sentarse por primeira vez nun plató de televisión para narrar o seu punto de vista no que é unha entrevista bastante agardada, polo que o tema de Edilberto consegue chegar no momento xusto:

Andrea AlonsoPara completar esta canción Edilberto (á que pon voz e guitarra dende os estudios de gravación de Andrew Whelan na irlandesa Tipperary) contou coa axuda da súa filla Andrea, que se estrea así como compositora, e os arranxos e o piano de Andrés Bernal (dende a colombiana cidade de Cali).
Esperemos que este trobador curtiense continúe a sorprendernos con novos temas no futuro, e tamén queremos animar á súa filla a que continúe a estudar música.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS