Rebeca Ponte/Cardigan Bridge visita A Tarde na Radio Galega

Hoxe o programa A Tarde da Radio Galega foi moi especial, pois despois dunha intervención divertidísima do ateo Alejandro Matías (que montou unha boa coas comuñóns), fixo acto de...

Rocío Pereira, Cristina García e Alberto Rivero
Hoxe o programa A Tarde da Radio Galega foi moi especial, pois despois dunha intervención divertidísima do ateo Alejandro Matías (que montou unha boa coas comuñóns), fixo acto de presenza Rebeca Ponte para cantar un par de temas e responder ás preguntas de Cristina, Rocío e Alberto:


Rebeca Ponte actuando na FNAC
Galiautor 2012Estivo ben que, aparte das cancións de Cardigan Bridge, contase algo da súa vida e chegase a comentar que vive en Melide 😉
A ver se podemos escoitar pronto o segundo LP de Cardigan Bridge, e cómpre lembrar que tamén vai participar na xira Galiautor 2012 que o 7 de setembro chega ao Forum Metropolitano da Coruña e ao día seguinte recala no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.
Tamén participan no Galiautor 2012 os cantautores Javier Álvarez e o ferrolán Al Vila.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS