Cat-sinais pola liberdade na Internet

A Internet Defense League é unha nova organización que quere xuntar esforzos para loitar pola liberdade na Rede, e o mellor xeito que atoparon para captar algo de atención...

Cat-sinal
A Internet Defense League é unha nova organización que quere xuntar esforzos para loitar pola liberdade na Rede, e o mellor xeito que atoparon para captar algo de atención sobre a súa iniciativa foi montar un proxecto consistente en iluminar varias cidades do mundo a noite anterior á estrea do novo filme de Batman cun sinal luminoso, que en vez dun morcego, amosa un gato, o que resulta máis propio da Rede (ou, cando menos, de YouTube). 😉
Non sei se conseguirán os cartos para poder empezar con bo pé, pero se é así, coido que van conseguir saír nos informativos de medio mundo acompañando ás novas da estrea da nova película de Nolan. Unha idea xenial que gustaría ver en vivo, aínda que sexa só para botar unhas risas.
Nana nana nana, nana nana, nana naaaaah, Batcaaaaaaat!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS