¡Volve o Doutor Who clásico!

¡Que paren as rotativas! A nova que viña rumoreándose durante meses que apuntaba a que, para celebrar o 50 aniversario da serie de televisión do Doutor Who ían a...

Tom Baker na actualidade¡Que paren as rotativas! A nova que viña rumoreándose durante meses que apuntaba a que, para celebrar o 50 aniversario da serie de televisión do Doutor Who ían a xuntar a varios dos actores que encarnaron ao noso benquerido viaxeiro temporal confírmanse, e Tom Baker, o actor que encargaba ao Doutor nos episodios que emitiran no seu día na TVG, pese a ter xa 79 anos, aparecerá na serie actual.
Tom Baker e David Tennant crúzanse na revista Doctor Who
Eu xa aplaudín no seu día o regreso do Doutor na serie que inicialmente conduciu con mestría Christopher Eccleston, pero finalmente quedei encantado o seu relevo, David Tennant (incluso levo unha réplica do seu desparafusador sólico no meu abrigo, como teño comentado), mentres que o actual actor (Matt Smith) paréceme que está lonxe de dar o talle. Espero que, aparte de Baker, tamén consigan xuntar nun mesmo episodio a Eccleston e a Tennant, cunha desas aventuras de enredo no que o Doutor teña que colaborar con outras das súas encarnacións para salvar ao Universo do desastre. ¿E moito pedir? Crucemos os dedos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS