A LaconNetwork toca o ceo (a nivel friki)

Na vida podemos pór prezo a moitas cousas: – A peaxe de autopista de A Coruña a Santiago de Compostela: 5,50 € – O xantar na 28ª edición da...

Na vida podemos pór prezo a moitas cousas:
– A peaxe de autopista de A Coruña a Santiago de Compostela: 5,50 €
– O xantar na 28ª edición da LaconNetwork: 21 €
– Atopar no Hotel Los Abetos a Sara Montiel: non ten prezo. 😀
Sara Montiel na LaconNetwork
Sen dúbida a fotografía de Frankie Gómez e Josuke coa Montiel foi a anécdota da xornada, e só por retratar tal momento xa compensou a xuntanza, que foi tan agradable coma sempre, cun relatorio de apertura interesante e moita xente compartindo os seus novos proxectos, para que saibamos que o sector TIC galego no para de producir. ¡Así dá gusto! Ou como diría a diva: ¡Marvelous!

A xornada só podería ter rematado mellor se conseguisen gravar un vídeo con Georgie Dann (quen tamén visitaba esta noite o Luar da TVG).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS