XXI Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide

A edición nº 21 da Festa do Melindre xa ten cartel e programa pechado, de xeito que o segundo domingo de maio será unha oportunidade para que quen non...

A edición nº 21 da Festa do Melindre xa ten cartel e programa pechado, de xeito que o segundo domingo de maio será unha oportunidade para que quen non probara a repostaría melidense poida dárlle unha oportunidade, e gozar así do tradicionais ricos, dos saborosos amendoados e dos inigualables melindres, dos que tantas veces teño falado neste espazo.

O programa desta feira gastronómica quedaría como segue:

Cartel da XXI Festa do Melindre11.00 Lanzamento de bombas de palenque anunciando o comezo da festa e apertura dos stands. Praza do Convento

11.30 Actuación do grupo de música e baile tradicional Palacio do Rei (Palas de Rei). Praza do Convento

12.00 Pregón a cargo de Tomás Alonso, do programa Larpeiros da TVG. Praza do Convento

12.30 Entrega de títulos de recoñecemento Embaixadores do Melindre, presentado por Marta Landín. Praza do Convento

13.00 Emisión en directo do programa Come e fala da Radio Galega desde a praza do Convento de Melide
Animación de rúa co grupo de música tradicional Froito Novo e coa Charanga Chiringota

17.00 Entrega de premios do V Concurso de Debuxo Infantil Melindresricos. Praza do Convento

17.30 Actuación de clown, Manualidades con Manu Lago, dirixida a público familiar. Praza do Convento

20.00 Actuación musical na praza das Coles:
– Grupo Folk do Conservatorio de Música de Melide
– Os Cempés

Grazas a Intermax a festa poderá seguirse dende todo o mundo a través de streaming. Unha mágoa que a distancia non haxa xeito de transmitir o sabor, aínda que como se achegue moito a cámara aos doces seguro que máis de un xa os ule dende a casa. 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS