Series míticas da TVG en DVD

Onte acudín ao programa A Tarde da Radio Galega unha mostra de series que fun mercando en DVD en versión orixinal para poder conservalas, xa que as vin no...

series en DVDOnte acudín ao programa A Tarde da Radio Galega unha mostra de series que fun mercando en DVD en versión orixinal para poder conservalas, xa que as vin no seu día na TVG e non parece que vaian a chegar a España de xeito comercial.
Para min foron series tan míticas como frikis, sendo a mellor de todas Cabaleiros con Aquel, que conseguiu ter unha dobraxe en galego bastante boa (algo que non sempre é así co humor británico). A tenda local de Royston Vasey era a repanocha:

compás de ViaxeirosAs outras series son para un público infantil e xuvenil, ou sexa, que pilleinas por pura nostalxia, como As Novas Aventuras de Batman (aquela serie na que podiamos ver a un bastante esquecido Batmiúdo, e da que aínda hai unha mostra na páxina web da TVG) ou o carismático Dick Spanner (parodia en stop-motion de Mike Hammer que era un auténtico esmendrelle); aínda que a que sospeito que quedou máis nos esquecemento, pese a estar moi ben, era a de Viaxeiros, da que era especialmente memorable o compás que indicaba se había algunha irregularidade que arranxar en distintos momentos da historia (¿un doutor Who educativo?).
Loxicamente non levei series como Allo Allo! e moitas outras porque si están editadas en España (o que lles resta frikerío) 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS