Entrevistan a Javier Mouriño en Correo TV/Terras de Santiago

Xa está aquí a reformulación de Tierras de Santiago en Terras de Santiago, e aínda que a súa páxina web fique coa marca e o dominio anterior (supoño que...

Juan Salgado, á esquerda, é o director de Terras de SantiagoXa está aquí a reformulación de Tierras de Santiago en Terras de Santiago, e aínda que a súa páxina web fique coa marca e o dominio anterior (supoño que solucionarano ao longo da semana), podemos dar a benvida a un novo medio en galego, dirixido por Juan Salgado, e que distribúe de balde 30.000 exemplares nos 25 concellos que consideran que están na zona de influencia de Santiago de Compostela, entre os que figura Melide, de aí que non debera sorprendernos ver nas súas páxinas unha entrevista que fixeron ao xerente de Intermax, Javier Mouriño, que leva dende a nosa vila un interesante proxecto para levar a Internet sen fíos a onde non chega por canles convencionais.

Ver o texto da entrevista ▼

A entrevista de Inés Dopazo a Javier Mouriño emitiuse orixinalmente o venres pasado no programa Preguntoiro de Correo TV:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS