Concurso de carteis para a Festa do Melindre

O Concello de Melide vén de convocar un concurso para elixir o futuro cartel da vixésimo primeira edición da Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide,...

concurso de carteis
O Concello de Melide vén de convocar un concurso para elixir o futuro cartel da vixésimo primeira edición da Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide, do que podemos ter máis detalles na páxina web municipal (na que figuran as bases do certame en formato PDF).
web:tv de Blusens
O gañador levará como premio un WebTV, trebello da galega Blusens que combina nunha pequena caixiña un reprodutor multimedia (para ver todas esas series e películas que descargamos da Rede en multitude de formatos), un receptor de TDT en alta definición coa posibilidade de gravar en memorias USB e discos duros externos e un dispositivos para acceder á Internet dende o televisor, o que facilita a reprodución de contidos multimedia en liña e a visualización de páxinas web. Curiosamente o anuncio chega xusto cando Blusens actualiza o firmware do WebTV para incorporarlle novas posibilidades e renovar a súa interface gráfica. Unha grande nova para que teña a fortuna de gañar o concurso melidense.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...