Saber venderse: Dollar Shave Club

Estou alucinando co bo que é o anuncio do Dollar Shave Club: A idea é sinxela (un servizo de subscrición de follas de afeitar que pode supor un aforro...

Estou alucinando co bo que é o anuncio do Dollar Shave Club:

A idea é sinxela (un servizo de subscrición de follas de afeitar que pode supor un aforro de 100 dólares/ano para os usaurios) e o vídeo conseguiu un efecto viral tal que a súa páxina web está a experimentar serios problemas no momento de escribir estas liñas. Un grande exemplo de uso do humor para conseguir que unha startup consiga captar unha atención masiva sen ter que gastar millóns en publicidade.
O servizo tamén ten promocións como regalar un mes de subscrición por cada amigo que se dea de alta, ou sexa, que con 1.000 amigos teríanse follas de afeitar para toda a vida 😉
Vese que a esta xente non lles falta humor, e supoño que nos vindeiros meses a súa nova empresa vai funcionar moi ben, grazas a saber conectar cos clientes potenciais a través dun vídeo moi divertido. Cando non hai cartos para competir con xigantes como Gillette ou Wilkinson, supoño que non vén mal carecer tamén de vergoña.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS