Mercamelide terá lugar os días 11 e 12 de febreiro

O Concello de Melide presentou o pasado venres a nova edición de Mercamelide: Nova imaxe e innovación na IX Edición do MERCAMELIDE 2012 O concelleiro de Promoción Económica, Santos...

O Concello de Melide presentou o pasado venres a nova edición de Mercamelide:

Nova imaxe e innovación na IX Edición do MERCAMELIDE 2012

O concelleiro de Promoción Económica, Santos López Novo, presentou o pasado venres en rolda de prensa a vindeira edición do Mercamelide que terá lugar na vila na segunda fin de semana do mes de Febreiro

Santos presentando Mercamelide 2012A IX edición do Mercamelide está chea de innovacións. Entre a novidade máis importante, a xornada do domingo día 12 a feira contará coa máquina de filloas de Lestedo, capaz de producir 1.500 filloas por hora, que serán repartidas gratuitamente entre as persoas que se acheguen ao Pazo de Congresos da vila este día. Ademáis, para os máis cativos e cativas da vila o Mercamelide ofertará hinchables gratuítos durante as dúas xornadas desta feira de oportunidades.

O edil responsable desta área de goberno, Santos López resaltaba en rolda de prensa a imaxe renovada que ofrecerá Mercamelide nesta novena edición. Non se trata soamente dun novo logotipo identificado coa imaxe do comercio de Melide, senón que tamén a cartelería irrumpe con forza fronte á monotonía de anos anterioes. Así mesmo, tamén estarán presentes novos stands, feitos por alumnos e alumnas do Ciclo de Madeira do IES de Melide; dous stands da man do Concello de Melide e outro para que os rapaces deste ciclo expoñan os seus traballos de madeira e moble.

Como adoita a ser habitual o Pazo de Congresos que acolle esta feira encherase de stands do comercio local que tentarán dar saída a produtos de calidade a prezos máis baixos do habitual para dar saída ao stock de inverno. Haberá un amplo surtido entre artigos de textil, calzado, fogar, ferraxería, deportes, lencería, menaxe, moble, perfumería, óptica, entre outros.

O horario para visitar a feira será ininterrumpido dende ás 11 da mañá e as 8 da tarde, dando así posibilidade aos veciños e veciñas de Melide e comarca de achegarse ao Mercamelide ao longo de todo o día. Ao igual que na pasada edicción, contarase cun contador de persoas que contabilizará o número de público que participe nos dous días da fin de semana na Feira.+

O cartel do evento é o que segue:
Cartel de Mercamelide 2012
Esperemos que esta edición teña unha boa acollida, aínda que non parece que 2012 vaia ser un ano que destaque polo elevado consumo 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS