Xurxo participou na Carreira Pedestre

Onte o meu irmán Xurxo madrugou para participar na XXIII Carreira Pedrestre Popular de Santiago de Compostela, evento multitudinario que ao estar organizado polo Grupo El Correo Gallego padeceu...

Xurxo Otero na PedestreOnte o meu irmán Xurxo madrugou para participar na XXIII Carreira Pedrestre Popular de Santiago de Compostela, evento multitudinario que ao estar organizado polo Grupo El Correo Gallego padeceu unha especie de eclipse informativo, de xeito que os medios de comunicación galegos (agás os que están detrás da competición) non falaron nin dos milleiros de participantes nin das repercusións que tiña a celebración da carreira no tráfico urbano compostelán 🙁

Eu non acabo de entender por qué os participantes elixiron un percorrido de 12 quilómetros para chegar da Avda. de Xoán XXIII á Praza do Obradoiro, pois están a 600 metros 😮 ¿Non é un rodeo un tanto parvo?

Pero volvendo á competición, admito que foi toda unha sorpresa ver o ben que rematou Xurxo, cun digno posto 837 e un tempo de 53 minutos, mentres que o meu curmán Anxo tivo que conformarse cun posto 1.678 e un tempo de 59 minutos (impresiona a diferenza de posto en só 6 minutos).
A chegada á meta de Xurxo pode verse grazas á Correndovoy.com:

Melide tamén deixou o listón bastante alto:

Posto Dorsal Nome Club Poboación Ritmo/Km
364
00:48:27
2024    Claudio Sánchez    Melide  00:04:03 
580
00:50:41
986    Javier Blanco Rio    Melide  00:04:14 
581
00:50:41
1918    Iván Lugrís Beteta    Melide  00:04:14 
837
00:53:00
157    Xurxo Otero  Atletismo Porriño  Melide  00:04:25 
1015
00:54:19
4001    Xose Manuel Pampin Fuciños    Melide  00:04:32 

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS