Enrique Varela en Convivir en Igualdade

Esta tarde puidemos escoitar a Pepe Carreira entrevistando a Enrique Varela no programa Convivir en Igualdade da Radio Galega co gallo do lanzamento dun novo proxecto empresarial que Varela...

Pepe Carreira
Enrique VarelaEsta tarde puidemos escoitar a Pepe Carreira entrevistando a Enrique Varela no programa Convivir en Igualdade da Radio Galega co gallo do lanzamento dun novo proxecto empresarial que Varela está a iniciar con David Bello Gacio e José María López Bourio, chamado TTT Social Center, e que consiste nunha compañía de servizos de telemarketing que emprega a persoas con diversidade funcional grazas ao uso das TIC. O vindeiro venres van presentar o proxecto en sociedade, polo que supoño que durante a fin de semana escoitaredes falar máis deste interesante proxecto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...