Ok Go e os Teleñecos

Aínda estou escachando coa risa co último vídeo de Ok Go no que se xuntan cos Teleñecos (Muppets): Gocei especialmente da escena do minuto 1:31 e o delirio que...

vellos vendo vídeos de michiños
Aínda estou escachando coa risa co último vídeo de Ok Go no que se xuntan cos Teleñecos (Muppets):

Gocei especialmente da escena do minuto 1:31 e o delirio que comeza no minuto 2:44. 😀

Para os que non lembren quen son os Ok Go, velaquí está o seu vídeo máis famoso:

E nos últimos días os usuarios da Nintendo 3DS tamén poden ver (en 3D) na súa consola o seguinte clip (as súas tomas falsas tamén son a repanocha):

Ah, e é este vídeo do que fan burla ao final do dos Teleñecos. 😉

¿Non son xeniais? Para esas coreografías hai que adestrar máis que para participar no concurso Uno para ganar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS