Viñetas desde o Atlántico 2011 xa ten cartel

Pois si, xa temos o cartel da edición de 2011 de Viñetas desde o Atlántico, elaborado por Camille Jourdy e, na miña opinión, o peor cartel os últimos 14...

Cartel de Viñetas
Pois si, xa temos o cartel da edición de 2011 de Viñetas desde o Atlántico, elaborado por Camille Jourdy e, na miña opinión, o peor cartel os últimos 14 anos do encontro de referencia para os frikis coruñeses.
Este ano imos ter festa moi cedo, xa que o certame da banda deseñada terá lugar do 8 ao 14 de agosto, o que supoño que agradecerán especialmente os que teñan que enfrontarse a exames no mes de setembro.
Agardemos que poidamos gozar de Viñetas desde o Atlántico durante moitas máis edicións (aínda non escoitei declaracións de Carlos Negreira sobre o evento, pero gustaría que non cortase de raíz un dos encontros de máis éxito na cidade) e que a de este ano continúe na liña das anteriores: unha auténtica semana de festa para os que amamos o mundo do cómic.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS